College of the Holy Cross

Benvidos e benvidas á UDC


O curso en A Coruña vai a representar para vós unha experiencia extraordinaria que, con toda seguridade, marcará as vosas vidas. Será un ano en que case todo será novidade: na Universidade teredes novos compañeiros e profesores, ademais dun sistema de estudio distinto ao que estades acostumados; a convivencia coa vosa familia de acollida serviravos para coñecer e entender mellor como é a sociedade española; e con toda seguridade vos integraredes na vida estudantil coruñesa e poderedes gozar das múltiples oportunidades que ofrece a cidade e a Universidade para o ocio e a cultura.

Precisamente ese contacto, esa experiencia directa con outras formas de vivir é o que vos enriquecerá e fará que este ano sexa inesquecible.

A través desta web, e tamén a través das xornadas de orientación, queremos ofrecervos información variada coa que pretendemos facilitar a adaptación á vosa nova vida.

Os que nos ocupamos deste intercambio estámonos a esforzar para que todo saia ben, pero para nós tamén é unha experiencia nova. Por iso agradeceriámosvos moito que nos comentásedes as vosas impresións sobre calquera aspecto do programa, tanto se son positivas como negativas. O director do programa estará aberto a escoitarvos, a ter en conta e atender as vosas suxestións e ideas. Tamén vos pregamos que sexades comprensivos cos nosos fallos, que sempre intentaremos corrixir.

Estamos desexando que cheguedes a Coruña para poder empezar xuntos esta experiencia común.

Un saúdo en nome de todos os que estamos implicados neste proxecto.
 

Félix Córdoba
Director do programa na Univ. da Coruña

Facultade de Filoloxía
Universidade da Coruña
Campus da Zapateira
15008 A Coruña

  • T. +34 881 011 860
    F. +34 981 167 151
    felix . cordoba @ udc . es