College of the Holy Cross

Transporte urbano na Coruña


Transporte á Universidade

A maior parte das facultades da Universidade da Coruña están nos campus de Elviña e Zapateira, a uns 6,5 quilómetros (4 millas) do centro da cidade. Para chegar a eles é necesario utilizar os autobuses urbanos.

A liña de autobús UDC/E/Universidad conecta o centro da cidade (Praza de Pontevedra) cos dous campus citados. Durante o curso, circula cada 5 minutos nas horas punta.

É posible tomar outros autobuses que cheguen ata unha parada do autobús UDC/E/Universidad ou os seus arredores, e realizar o trasbordo ao devandito autobús. Ese trasbordo é gratuíto se se utilizou o bonobús e se realiza nos 45 minutos seguintes a tomar o primeiro bus.

Podes atopar información sobre rutas, horarios, posibilidades de trasbordo dos autobuses de Coruña, etc., na web da empresa: http://www.tranviascoruna.com/es

Facultade de Filoloxía
Universidade da Coruña
Campus da Zapateira
15008 A Coruña

  • T. +34 881 011 860
    F. +34 981 167 151
    felix . cordoba @ udc . es