Universidade da Coruña


 Inicio  Programa HC-UDC   Vida na Coruña gl es en


Presentación
Benvida

Aspectos académicos
Selección de materias
Estudos na UDC
Materias (por áreas)
Horarios
Campus e distancias
Calendario académico
Clases de español
Xornadas de orientación
Exames e avaliación

Vida na Coruña
Aloxamento
Transporte urbano
Español e galego
Acceso a Internet
Visado
Servizos médicos
Actividades
Guía para estudiantes extranxeiros na UDC
Enlaces de interese

Lectorado
Contacto
Programa de intercambio entre o College of the Holy Cross
e a Universidade da Coruña


Acceso a Internet

Na Universidade

Todos os centros (facultades, bibliotecas, salas de estudio) da Universidade da Coruña teñen cobertura wi-fi. Poderás acceder a ela co teu ordenador portátil, despois de obter a clave de acceso a través do director académico.
Como activarse no sistema da UDC

As facultades dispoñen tamén de salas de ordenadores onde poderás traballar e conectarte a Internet.

Para consultas puntuais (poucos minutos) hai ordenadores nas salas de lectura ou de consulta das bibliotecas da UdC.

Na sala de ordenadores da Facultade de Filoloxía é posible imprimir o que necesites, sempre que dalgún xeito estea relacionado con aspectos da universidade. Actualmente as impresións en branco e negro son gratuítas, sempre que o usuario achegue o papel.


En bibliotecas

As bibliotecas públicas municipais dispoñen de salas de ordenadores e de servizo de conexión wi-fi gratuíto. Para acceder aos ordenadores das bibliotecas necesitas a tarxeta Millenium, que poderás obter en setembro, durante as xornadas de orientación.

As bibliotecas que ofrecen acceso a Internet mediante wifi son:

Fórum Metropolitano
Parque Europa, rúa Río Monelos.
De luns a venres, de 9 a.m. a 9 p.m.; sábados de 10 a.m. a 2 p.m. e de 5 p.m. a 9 p.m.
            Máis información.

Biblioteca Municipal de Monte Alto
Rúa Vereda del Polvorín, 4
De luns a venres, de 9 a.m. a 9 p.m.; sábados de 10 a.m. a 2 p.m.
            Máis información.

Biblioteca Municipal Sagrada Familia
Rúa Antonio Pereira, 1
De luns a venres, de 9 a.m. a 9 p.m.; sábados de 10 a.m. a 2 p.m.
            Máis información.

Máis información sobre o acceso a Internet desde as bibliotecas municipais.


suxestións  teléfonos  intranet  rss  accesibilidade  aviso legal  mapa do sitio