Inicio Programa HC-UDC | gl es en |
||
|
|||
Presentación Benvida Aspectos académicos Selección de materias Estudos na UDC Materias (por áreas) Horarios Campus e distancias Calendario académico Clases de español Xornadas de orientación Exames e avaliación Vida na Coruña Aloxamento Transporte urbano Español e galego Acceso a Internet Visado Servizos médicos Actividades Guía para estudiantes extranxeiros na UDC Enlaces de interese Lectorado Contacto |
Programa de intercambio
entre o College of the Holy Cross e a Universidade da Coruña Exames e avaliación Normalmente, a forma de avaliar as materias é moi diferente da usada en Estados Unidos. Probablemente che sorprenderá que, nalgúns casos, unha materia se avalía principalmente mediante un único exame ao final de curso. En moitos casos o profesor ofrecerá outras formas de avaliación, por exemplo: exames parciais, elaboración de traballos escritos, proxectos, traballos de campo, análise de bibliografía, exercicios (para realizar en clase ou na casa), prácticas, exposicións en clase, etc. Tamén é posible que teña en conta a asistencia. É habitual que a nota final dependa dunha combinación da nota dos exames e do resto das actividades realizadas. A forma de avaliación sempre estará detallada na guía docente ou no programa da materia. As seccións Estudios na UDC e Materias (por áreas) desta web diríxente ás guías docentes ou aos programas das materias da UDC. En caso de que non atopes esta información, consulta a dirección académica do programa HC-UDC. Asegúrate sempre de entender perfectamente como serán a avaliación e os exames, para non levar sorpresas. Non dubides en acudir ás titorías do profesor e preguntalo. Ten en conta que se suspendes o exame final dunha materia non terás outra oportunidade de aprobala. Se tes que realizar un traballo, un informe, etc., procura mostralo ao profesor un borrador do teu escrito bastante antes da data límite de entrega, para que che poida facer comentarios, corrixir ou orientar. As datas dos exames están fixadas dende o comezo do curso; o profesor non ten obriga de modificalas ou de realizar exames adicionais. Notas No sistema universitario español a cualificación realízase mediante notas numéricas, nas que a peor é un 0 e a mellor é un 10. É necesario obter un 5 ou máis para superar unha materia. É frecuente que se mencionen as notas mediante as denominacións suspenso (de 0 a 4,9), aprobado (5,0 a 6,9), notable (7,0 a 8,9) e sobresaínte (9,0 a 10). Se non te presentas ao exame final non obterás puntuación; no informe coas túas notas para Holy Cross esa materia aparecerá coa mención de non presentado. Publicación de notas Normalmente, uns días despois de realizar os exames, os profesores comunicarán as cualificacións a través dos taboleiros de anuncios. É frecuente que as cualificacións de distintos departamentos aparezan en taboleiros diferentes. Revisión de exames Á vez que os profesores publican as notas, ofrecerán unhas datas e horas para revisar os exames. É moi importante que acudas a falar co teu profesor e vexas como fixeches o exame, especialmente se non estás de acordo coa nota. Recorda que sempre que teñas un problema cos exames ou a avaliación debes poñerte en contacto coa dirección académica do programa HC-UDC. Observacións En caso de suspender unha materia, sempre podes volver examinarte en xullo (materias de graos ou Socioloxía) ou setembro (materias de licenciaturas). Algúns períodos de exames, por ex. os de decembro, non son utilizados polos estudantes visitantes. Normativa Os exames están regulados nas «Normas de avaliación, revisión e reclamación das calificacións dos estudos de grao e mestrado universitario». |
||
|
|||
suxestións teléfonos intranet rss accesibilidade aviso legal mapa do sitio |