Programa de intercambio
entre o College of the
Holy Cross e a Universidade da Coruña
Aspectos académicos · Horarios Vida en A Coruña · Visado Guía para
estudiantes extranxeiros na UDC Lectorado e
Conselleiro cultural |
|
Selección de
materias A selección das materias que
vas cursar na UDC vai condicionar toda a túa estanza en Coruña. Por iso é
importante que dediques o tempo necesario a iso. Non é unha tarefa doada,
porque non sempre atoparás as materias que che gustan ou as que necesitas
para completar os teus estudios en Holy Cross, ou porque dúas materias que
che interesan se imparten á mesma hora. Nas xornadas de orientación
reservaremos varios espazos á selección de materias. Entón contarás coa axuda
do director académico do programa, pero é conveniente que antes de chegar a
Coruña revisaras a oferta de materias da UDC e teñas un listado de materias
que che gustaría ou que necesitas cursar. Podes seguir calquera
materia dos estudios de primeiro e segundo ciclo das titulacións oficiais que
ofrece a UDC. Tras a selección, teremos que asinar un Learning Agreement que ha de ser
aprobado pola Office of Study Abroad de Holy Cross. Unha vez empezado cada cuatrimestre, existe un
período de aproximadamente un mes no que é posible realizar cambios no Learning Agreement. Estes cambios tamén han de ser
aprobados por HC. Ademais, deberás encher un Student Application
Form do denominado "Curso xeral", o programa para estudantes
visitantes da Universidade dá Coruña. Consellos · Busca
entre os estudos (carreiras) aqueles
que che interesan e, dentro deles, as materias que necesitas ou que te
atraen. · Podes
atopar a maior parte das materias ordenadas por materias na sección Materias (por áreas). · Existen
materias "escondidas": algunhas materias que poden interesarche
quizais estean incluídas en carreiras nas que non pensaras; para localizalas
pode axudarche a sección Materias (por áreas). · No
tomes descricións de materias doutros listados, que poden corresponder a
materias que actualmente non se poden cursar, ou que non se realizan nos
campus de A Coruña. · Observa
onde están as facultades. Ten en
conta o tempo necesario para trasladarse entre facultades. · Aínda
que os horarios cambian de ano en ano, podes mirar os horarios do curso actual, para
facerte unha idea de cando se imparten. Ten en conta que ata finais de xuño
non será posible coñecer os horarios de clase do curso 2008-2009; nalgúns
casos teremos que esperar mesmo ata principios de setembro. · Busca
materias alternativas. É doado que dous ou máis materias nas que esteas
interesado teñan horarios incompatibles. A
incompatibilidade de horarios débese a dous factores: a)
Os estudios en España están deseñados para ser cursados por carreiras, é dicir,
un estudante só estuda unha rama de coñecementos: Filoloxía, Dereito,
Socioloxía, Química... b)
Están pensados para ser cursados por cursos, é dicir, o primeiro ano as
materias do primeiro curso, o segundo ano as do segundo curso, etc. · Pon
atención nalgúns detalles moi importantes das materias: número de créditos
ECTS, se se imparte en castelán ou en galego, se é anual (impártese de
outubro a xuño) ou cuadrimestral (e, nese caso, se se imparte no primeiro ou
no segundo cuadrimestre). · Se
tes algunha dúbida, se queres ampliar algunha información, se non atopas a
materia que buscas, ponche en contacto coa
dirección académica do programa. Faino todas as veces que consideres
necesario. · Informa
a dirección académica da túa selección de
materias o antes posible. Talvez te poidamos axudar con consellos,
indicacións sobre as dificultades que as materias elixidas che poderían
formular, suxestións doutras materias parecidas, etc. |
|
|
|
|
|