Universidade da Coruña


 Inicio  Programa HC-UDC      gl es en


Presentación
Benvida

Aspectos académicos
Selección de materias
Estudos na UDC
Materias (por áreas)
Horarios
Campus e distancias
Calendario académico
Clases de español
Xornadas de orientación
Exames e avaliación

Vida na Coruña
Aloxamento
Transporte urbano
Español e galego
Acceso a Internet
Visado
Servizos médicos
Actividades
Guía para estudiantes extranxeiros na UDC
Enlaces de interese

Lectorado
Contacto
Programa de intercambio entre o College of the Holy Cross
e a Universidade da Coruña


Visados

Antes de emprender a túa viaxe a España xa obterías, no Consulado de España máis próximo á casa en Estados Unidos, o teu visado de estudios. Este visado ten unha validez limitada, normalmente de 60 ou 90 días, polo que unha vez que esteas en A Coruña terás que prolongar a súa validez.

Normalmente todos estes trámites realizarémolos durante as xornadas de acollida e sempre irás acompañado do director académico.

Prolongación do visado

En primeiro lugar, necesitades un certificado de empadroamento. Para iso:

1.       Debedes pedir ao director académico os formularios necesarios.

2.       Teredes que encher eses formularios. Aquí tes uns modelos: Folla de inscrición no padrón   Documento de alta no padrón

3.       Unha persoa da vosa familia española que estea censada no mesmo domicilio onde vivides debe asinar un destes formularios (a Folla de inscrición ou modificación).

4.       Debedes volver a unha das oficinas de rexistro do Concello, que están en dous lugares: o Concello (Pazo Municipal, Praza de María Pita) ou o Fórum Metropolitano (Parque Europa), de luns a venres de 8 a 14 horas.

      Teredes que ir con:

·         eses formularios

·         o voso pasaporte

·         DNI orixinal (non fotocopia) da persoa que asinou o documento a que se refería o punto 2.

 
.   Dous días despois, podedes volver ao mesmo lugar, co voso pasaporte, e solicitar un certificado de inscrición no padrón municipal.

Despois é necesario ir á Policía (rúa Alférez Provisional, núm. 3, preto do porto, de 9 a 14 horas), coa seguinte documentación:

  • Orixinal do voso pasaporte
  • Fotocopia de todo o voso pasaporte
  • 2 fotografías tamaño carné (32 x 26 mm, non valen fotocopias, nin impresas en papel normal)
  • Certificado de inscrición no padrón municipal
  • Xustificante de estar matriculado na UDC (entregarávolo o director académico) 

Para calquera dúbida, por suposto, podedes acudir ao director académico.
A tarxeta de residencia tarda uns 40 días en emitirse. Despois de solicitala, o servizo de estranxeiría entrégavos un resgardo que vos serve para residir e viaxar dentro de España de forma provisional.

Mentres non teñades a tarxeta de residencia, se queredes viaxar fóra de España, tedes que pasar de novo polo servizo de estranxeiría (co voso pasaporte e copia do resgardo) para solicitar unha "autorización de regreso", que se emite nuns 3 días. Esta autorización permitiravos viaxar ao estranxeiro e poder volver a España sen problemas.

Tede en conta que as fotos estadounidenses poden ser maiores que as españolas. O que pide a policía é: "Unha fotografía recente en cor do rostro do solicitante, tamaño 32 por 26 milímetros, con fondo uniforme claro liso, tomada de fronte coa cabeza totalmente descuberta e sen lentes de cristais escuros ou calquera outra garantía que poida impedir ou dificultar a identificación da persoa".



suxestións  teléfonos  intranet  rss  accesibilidade  aviso legal  mapa do sitio