Inicio Programa HC-UDC | gl es en |
||
|
|||
Presentación Benvida Aspectos académicos Selección de materias Estudos na UDC Materias (por áreas) Horarios Campus e distancias Calendario académico Clases de español Xornadas de orientación Exames e avaliación Vida na Coruña Aloxamento Transporte urbano Español e galego Acceso a Internet Visado Servizos médicos Actividades Guía para estudiantes extranxeiros na UDC Enlaces de interese Lectorado Contacto |
Programa de intercambio
entre o College of the Holy Cross e a Universidade da Coruña Servizos médicos Antes de chegar a España deberás ter un seguro médico que cubra calquera necesidade de atención médica que poidas ter. É importante que saibas que cun seguro médico privado estadounidense non podes usar os servizos da sanidade pública española agás en casos de urxencia. En todos os casos, terás que aboar os servizos de que fagas uso. Posteriormente a túa compañía de seguros farase cargo do reembolso dos gastos, nos termos que figuren no teu contrato. A Universidade da Coruña subscribiu un seguro de accidentes para os estudantes de Holy Cross. O devandito seguro permítevos, por ex., acceder ás actividades deportivas organizadas pola UDC. Para enfermidades ou tratamentos comúns poderás acceder aos servizos profesionais da consulta privada de calquera médico ou ben acudir a clínicas privadas. Na Coruña existen as seguintes clínicas: Policlínico Santa Teresa
r/ Londres, 2 Peñarredonda (A Coruña) Tel.: 981 219 800 Hospital Modelo r/ Virrey Osorio, 30 15011 A Coruña Tel.: 981 147 300 Hospital San Rafael Avda. Xubias, 82 15006 A Coruña Tel.: 981 179 000 Exclusivamente en casos de urxencia podes usar tamén o servizo da sanidade pública (SERGAS): Hospital Universitario A
Coruña (antes Hospital Juan
Canalejo)
Xubias de Arriba, 84 15006 A Coruña Tel.: 981 178 000 Centro de Saúde “Casa do Mar” Avda. Primo de Rivera, s/n 15006 A Coruña Tel.: 981 170 358 / 981 173 113 Ademais, tamén para casos
de urxencia, poderás acceder aos ambulatorios do sistema público.
É conveniente que a túa familia española coñeza esta información sobre a atención médica. |
||
|
|||
suxestións teléfonos intranet rss accesibilidade aviso legal mapa do sitio |